sábado, 24 de marzo de 2012

Mensaxe de John Malkovich para o Día Mundial do Teatro

Para celebrar este día, en todos os centros escénicos do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lerase, o día 27 de marzo, a Mensaxe do Día Mundial do Teatro, que este ano escribiu John Malkovich.

"O Instituto Internacional do Teatro-ITI da UNESCO honroume coa súa petición de realizar esta mensaxe na conmemoración do 50 aniversario do Día Mundial do Teatro. Vou dirixir estas breves consideracións aos meus compañeiros do teatro, os meus pares e camaradas.

Que o voso traballo sexa convincente e orixinal. Que sexa profundo, conmovedor, reflexivo e único. Que nos axude a reflectir a cuestión do que significa ser humano e que dito reflexo sexa guiado polo corazón, a sinceridade, o candor e a graza. Que superedes a adversidade, a censura, a pobreza e o nihilismo, algo ao que, certamente, moitos de vós estaredes obrigados a afrontar. Que sexades bendicidos co talento e o rigor necesarios para ensinarnos como latexa o corazón humano en toda a súa complexidade, así como coa humildade e curiosidade necesarias para facer diso a obra da vosa vida. E que sexa o mellor de vós - xa que será o mellor de vós, e aínda así, darase só nos momentos máis singulares e breves - o que consiga enmarcar esa que é a pregunta máis básica de todas: Como vivimos? Boa Sorte!".( John Malkovich)

No hay comentarios: