jueves, 10 de mayo de 2012

"Ábrete conto" Un contacontos especial para os máis cativos de Chapela

  Ábrete conto
fala para min
e ensíname as cousas
que aínda non vin
Lambonadas de Cores saúdan ao público
 Con esta orixinal entrada o grupo Lambonadas de Cores deron comezo a dous fermosos contos: "Os músicos de Bremen" e "O pozo dos desexos", nunha tarde de soños e fantasía, onde tamén houbo espazo para as cancións, os xogos de rodas, e as sorpresas.
Lambonadas de Cores é un proxecto ideado polo grupo de nocturno do C. S. de Educación Infantil do I.E.S. de Chapela, para desenvolver actividades de animación cultural no seu contorno. 
Neste mes de Maio, a Biblioteca de Chapela e Lambonadas de Cores celebrarán outros dos mércores de lecer, diversión e aprendizaxe para os picariños de Chapela. AQUÍ podedes ver a programación.
 
OS MÚSICOS DE BREMEN
 Para este conto as nosas contadoras prepararon un teatriño moi feituqueiro, no que se representaron cada un dos personaxes.




O POZO DOS DESEXOS
Ao repatar o conto, os rapaces puderon xogar a lle botar moedas a un pozo construido para a ocasión.



 

 E TAMÉN...
Os rapaces e rapazas recitan xunto coas nosas contadoras.
 

 
 Facemos unha roda.

Botamos moedas no pozo dos desexos.

No I.E.S. de Chapela realizáronnos unha montaxe con fotografías da actividade, podedes velo aquí:

No hay comentarios: