miércoles, 5 de septiembre de 2012

Estamos preparados para a aventura!... (2ª edición)

Respondendo a o éxito que tivo a nosa Travesía Literaria polo Mar no pasado ano, e seguindo a recibir a xenerosidade de Marcos e mais de Selene, socios activos da nosa biblioteca e mais membros do noso Club de lectura, embarcarémonos nesta tarde no peirao de Chapela para ler, escoitar e cantar poesía baixo o influxo gozoso do mar.

O veleiro "Sueño Loco", recibirá de novo este ano a uns tripulantes poetas e lectores, que gozarán de novo con tan máxica experiencia.

E co boísimo tempo que vai... sen dúbida será unha actividade deliciosa. 
Poesía en popa a toda vela!

Subiremos fotos pronto.

No hay comentarios: