martes, 23 de octubre de 2012

Día da Biblioteca con camiseta nas bibliotecas de Redondela

Este ano, o mércores 24 de outubro, para celebrar o Día Internacional da Biblioteca, nas nosas bibliotecas, tanto en Redondela como en Chapela, regalarase, a todos os usuarios que leven en préstamo algún documento, unha camiseta da Campaña de animación á lectura María Moliner.
María Moliner é un nome esencial na historia da lexicografía española. Autora do Dicionario de Uso do Español, foi ademais unha bibliotecaria comprometida coa súa profesión.
Baixo o seu nome desenvólvese todos os anos, desde 1998, un concurso dirixido ás localidades de menos de 50.000 habitantes para premiar os mellores proxectos, ou actividades desenvolvidas, para promover a lectura de nenos e novos e que recibe o nome de "Campaña de animación á Lectura María Moliner" 

 * Ata esgotar existencias

No hay comentarios: