viernes, 17 de mayo de 2013

Vídeo da actividade "Tecín soia a miña tea", no homenaxe a Rosalía de Castro realizado polas Bibliotecas de Redondela

Durante a pasada Semana do Libro as Bibliotecas Municipais de Redondela fixemos unha homenaxe especial a Rosalía de Castro, autora fundamental na historia das nosas letras, e cunha obra moi destacada que serviu para recuperar a creación literaria en galego.

Cantares Gallegos cumpre hoxe 150 anos máis vivo que nunca, como demostran os numerosos actos conmemorativos en toda Galicia e tamén en outras partes do mundo.

A nosa adicatoria a Rosalía levouna a cabo Ana Hermida, maravillosa actriz, divertida e moi dinámica, que se transformou na poetisa durante unha espléndida interpretación do recital Tecín soia a miña tea, na Biblioteca de Chapela.

Hoxe, Día das Letras Galegas, temos o pracer de amosarvos o vídeo que resume esta actuación, para que o gocedes e que sintades a esta Rosalía con tanto agarimo coma nós.

Feliz 150 aniversario!

2 comentarios:

Helena Villar Janeiro dijo...

Parabéns por unha actividade tan ben feita como esta.

Novas das Bibliotecas dijo...

Graciñas, Helena
A actividade resultou fabulosa grazas á actriz, agora nosa amiga, Ana Hermida. Foi unha delicia tela connosco, e agardamos que teña moitos éxitos nas súas representacións poéticas.
Apertas!