lunes, 1 de julio de 2013

Os clubs de lectura das bibliotecas de Redondela visitan o Museo do Mar

 Como colofón a un ano cheo de lecturas, os clubs de lectura queren despedir o curso e achegarse á entrada do verán cunha actividade especial. 
Deste xeito, achegarémonos ao Museo do Mar, en Vigo, para facer dúas actividades:

- Un obradoiro de aprendizaxe sobre os oficios do mar, co Club Xuvenil de Lectura de Chapela. - Será o Martes 2 de Xullo, ás 11:30 h.

- Unha visita guiada ao Museo do Mar, cos Clubs de lectura de adultos de Chapela e mais de Redondela. - Será o Mércores 11 de Xullo, ás 18:00 h.
Un bonito xeito de despedirnos achegándonos ao mar. Agardamos pasalo moi ben, e volo contaremos aquí próximamente.

No hay comentarios: