martes, 11 de marzo de 2014

Teatro de sombras para os máis cativos na Biblioteca de Chapela

Este mes de Marzo o alumnado de Educación Infantil do IES CHAPELA -referímonos, como non, ao Ciclo Superior de Educación Infantil deste centro de ensino- téñennos preparadas unhas fermosas actividades para gozar do teatro e mais dos contos.

Este venres, 14 de Marzo, e mais o vindeiro venres 21 de Marzo, en ambos casos ás 17:30 h., teremos unha serie de representacións de teatro de sombras, con diferentes contos,que poderán gozar os máis cativos:

- Pedro y el lobo
- A casa das cacas
- A historia do señor vento
- O soño do osiño rosa
- A que sabe a lúa
- Os tres porquiños
- Monstruos golosos
- A árbore
 Serán os títulos a representar durante estes dous días.

O espectáculo está indicado para nenos e nenas de ata 6 anos, acompañados dun adulto.

Ademáis haberá representacións especiais de teatro de sombras, con outros contos diferentes, para os centros de ensino de Chapela, as cales se desenvolverán tamén na nosa biblioteca.

Despois das fermosas actividades que temos realizadas na biblioteca grazas á colaboración con este alumnado, seguros estamos de que estas van a ser tamén xeniais.

Agardámosvos na biblioteca de Chapela. A entrada é libre e gratuita, ata completar o aforamento.

No hay comentarios: