jueves, 27 de noviembre de 2014

Elección do libro do ano 2014


Os usuarios da  Biblioteca Municipal de Redondela e da Axencia de Lectura Municipal de Chapela, elixen cada ano, o mellor libro do ano en curso. 
A elección atende ao criterio de preferencia por parte dos lectores que, por votación, escollerán, respectivamente, un libro infantil e outro de adultos, como mellores libros do ano. 
De entre os participantes, faremos un sorteo dun exemplar do libro que teña recibido máis votos, tanto do libro de adultos, entre os adultos, como do libro de rapaces, entre os menores de 14 anos. Faremos unha selección e mais tamén un sorteo por cada biblioteca. 
Os dous requisitos para participar: - Ser socio da Biblioteca - Seleccionar un libro publicado neste ano 2014. 
As votacións faranse nas furnas que, para a ocasión, situaremos nas dúas bibliotecas.
Período de votación:1 de decembro a 7 de xaneiro

No hay comentarios: