miércoles, 29 de abril de 2015

Trouleando cos contos... nova actividade para cativos na Biblioteca de Chapela

Chega Maio e na Biblioteca de Chapela imos ter un mes forte de actividades para cativos. E todo grazas ao alumnado do CS de Educación Infantil do IES Chapela, que representará para nenos e nenas anos a súa proposta:
 Trouleando cos contos
Trátase dunha serie de actividades, moi diferentes todas, onde se mezclan contos con xogos e algunha canción.
Serán 6 grupos de actividades, que terán lugar en tres días:
Os martes: 12, 19 e 26 de Maio, de 18:30 a 20:30.

A actividade precisa inscrición previa, e está dirixida a cativos de entre 3 e 6 anos

Cada sesión é diferente, de xeito que os rapaces que queran se poden anotar para todas e cada unha das datas.

Anotade aos vosos cativos na biblioteca!

  • E tamén, non volo perdades!, "A cidade monstruosa", os venres 15 e 22 de Maio na Biblioteca de Chapela.

No hay comentarios: