O vindeiro venres 3 de Xuño, ás 18:30 h., teremos un divertido contacontos na Biblioteca de Chapela... o último antes da chegada do verán.
Nesta ocasión contaremos con Alba Bermúdez, do grupo Triatreros, que nos achegará as historias de Comechíns.
En "Comechíns" os cativos e os non tan cativos coñecerán eses
inconvintes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día. A
través das historias mergullarémonos nun mundo de fantasía no que a
verdura, a froita e as legumes serán as protagonistas.
A entrada ao contacontos é libre e gratuíta, e as idades recomendadas son as de nenos/as entre 4 e 10 anos.
O contacontos realízase grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario