lunes, 6 de junio de 2016

"Comechíns": aprendemos a comer con contos na Biblioteca de Chapela

"Comechíns", con Triatreros, contacontos na Biblioteca de Chapela
Preme nas imaxes para ver o álbum de fotos

Este pasado venres a Biblioteca de Chapela achegou o verán aos cativos e cativas da contorna co contacontos "Comechíns".

Alba Bermúdez, de Triatreros, achegouse á biblioteca cunha caixa chea de contos froiteiros. "A eiruga larpeira", "O coelliño branco", "A sopa verde" ou "Non quero comer" foron pequenas historias coas que animou aos cativos participantes a ser os mellores comedores, e a procurar receitas sás e equilibradas, nas que comer "de todas as cores".


As nosas lecturas recomendadas para a actividade
Na biblioteca propuxemos as lecturas relacionadas con esta temática, e unha chea destes contos propostos viaxaron ás casas das familias que asistiron á actividade. Agardamos que gocen deles!

A contadora Alba despídese do contacontos saudando a Leolo e a Gato

O contacontos tivo lugar grazas ao apoio do programa Ler conta moito, da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: