viernes, 30 de septiembre de 2016

Mergullámonos nas emocións con Andrea "dos Piñeiriños"



 Este venres os máis cativos de Chapela tiveron un óco para a diversión e mais os contos

Un grande número de asistentes achegouse á biblioteca para ver o contacontos

Andrea Vázquez, acompañada dos seus amigos "Os Piñeiriños", contou e tamén cantou contos para os máis cativos. 

Andrea recibe a Leolo e mais a Gato ao rematar a función

As emocións, os sentimentos e as primeiras aprendizaxes foron os temas en torno aos que xiraron estes contos narrados e musicados, que encheron de ledicia ao público máis novo das nosas bibliotecas.

Na biblioteca fixemos as nosas suxerencias lectoras sobre as emocións

Grazas a Andrea e mais aos Piñeiriños por unha tarde tan emocionante.

Un vídeo publicado por Bibliotecas P. M. Redondela (@bibliotecas_de_redondela) el

A actividade tivo lugar grazas ao programa "Ler conta moito" da Rede de Bibliotecas de Galicia.

No hay comentarios: