viernes, 14 de octubre de 2016

Presentación do club infantil de lectura nos centros de ensino de Chapela

O club infantil de lectura da biblioteca de Chapela, na edición 2016-2017, está a piques de comezar! 

A unha semana de que abramos a primeira sesión, xa temos completas as prazas dispoñibles.

E todo porque nestes días Leo Leíño, a coordinadora do mesmo, e mais Mª José, a nosa compañeira de Chapela, se desprazaron ata os centros de ensino da parroquia, dándoo a coñecer entre os rapaces e rapazas da contorna.

  • Visitaron o CEIP de Laredo, no barrio do mesmo nome, e xunto ao paseo marítimo de Chapela:
Una foto publicada por Bibliotecas P. M. Redondela (@bibliotecas_de_redondela) el

  • E xa por último, pero non menos importante, ao CEIP Igrexa, no barrio chapelán do mesmo nome:

Una foto publicada por Bibliotecas P. M. Redondela (@bibliotecas_de_redondela) el

Moitas grazas aos centros de ensino de Chapela por ternos aberto as súas portas. 

Pero sobreo todo, querémoslle achegar a Leo Leíño o noso agradecemento por esta xira tan pequena pero tan especial para o club.

Una foto publicada por Bibliotecas P. M. Redondela (@bibliotecas_de_redondela) el

No hay comentarios: