miércoles, 26 de octubre de 2016

Primeira xuntanza do club de lectura da rapazada, en Chapela

Había moita expectación polo club infantil este ano. Sobre todo desde que Leo visitou os coles de Chapela para falarlles aos nenos e nenas sobre a maxia da lectura. 

As prazas xa se cubriron todas, e nenos e nenas de toda Chapela están moi ilusionados por participar nesta nova aventura lectora.

Hoxe presentamos o club aos nenos participantes, e tamén aos seus pais e nais. Nuns días poderemos ver o vídeo que gravamos con todos eles, falando sobre as súas expectativas sobre esta actividade.

Queremos agradecer a Iago Garrido Rodríguez a súa xenerosidade por facernos de técnico/editor de vídeo e aconsellarnos en todo o relacionado coa nosa incursión nas redes como Booktubers.
Grazas Iago!

Gonzalo Moure: "Cama y cuento",
próximo libro do club de lectura
O primeiro libro que van ler é "Cama y cuento" / "Cama e conto" de Gonzalo MoureA xuntanza para falar do mesmo será o Mércores 23 de Novembro.

No hay comentarios: