viernes, 17 de febrero de 2017

Unha camelia para Rosalía

Con motivo do 180º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, que se celebra o 24 de febreiro, as bibliotecas de Redondela e o Servizo de Normalización Lingüística, convidan a todos os nenos (e non tan nenos) que visiten as nosas bibliotecas,  a ofrecerlle  á autora , desde o 17 ata o 24 de febreiro, unha camelia pintada por cada un e na que poderemos escribir a nosa palabra preferida en galego colocándoa, a continuación, nos taboleiros de anuncios preparados para tal efecto en cada biblioteca.

 
 A ver se conseguimos encher todo o taboleiro e convertelo nun xardín de camelias!
 As camelias, dispostas na sala infantil de cada biblioteca, poden pintarse "in situ" ou en casa

 
O venres 17, "Contando con Rosalía", contacontos e máis con Marísa Irimia na biblioteca de Redondela
Todas as fotografías:


Camelias para Rosalía

Centros de interese e Camelias para Rosalía

E velaquí as palabras en galego recollidas nesta proposta-homenaxe, analisadas, no seu blog, polo Servizo de Normalización Lingüística.

No hay comentarios: