lunes, 3 de abril de 2017

"A vida dos outros" novo parladoiro dos Amigos das Bibliotecas, no Multiúsos de Chapela


Este venres temos novo parladoiro organizado pola Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela.
Desta quenda será Chapela o lugar onde se fará a esta nova proposta de charla, coñecemento e debate, coa que as bibliotecas municipais tamén colaboramos. 

O Multiúsos do Piñeiral acollerá esta actividade que, co título "A vida dos outros: a ciencia, a bioloxía e a vida fóra da Terra", abordará dun xeito científico a posibilidade de vida noutros planetas. 

Que é o que define a vida? Que indagacións se teñen feito para atopala no Sistema Solar? E que supón o achádego de novos planetas? Seremos quen de contactar con outras civilizacións? Que coñecemento científico hai (no campo da bioloxía, da física ou da astronomía) que nos permita facer conxeturas sobre a vida extraterrestre?

Para abordar todas estas cuestións contaremos con Carlos Fernández, licenciado en bioloxía e profesor do redondelán IES Mendiño, e grande afeccionado á ciencia ficción e aos temas de divulgación científica.

A cita será este venres, 7 de Abril, ás 20:30 h.

Publicar un comentario