martes, 25 de abril de 2017

"Entre contos"... nova proposta do alumnado do IES Chapela para animar á lectura aos cativos da Biblioteca de Chapela



Estamos moi contentos, porque este ano a Biblioteca de Chapela volverá recibir ao alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela para facer actividades de animación lectora para a rapazada da nosa contorna.

Contos e actividades de animación en torno á lectura, que se desenvolverán todos os xoves do mes de maio ás 18:30 h.

Destinado a cativos/as a partir de 2 anos.
A entrada é libre ata completar o aforo da sala.
Agardámosvos os xoves do vindeiro mes.
Publicar un comentario