lunes, 29 de mayo de 2017

Contacontos do mes de xuño nas bibliotecas de Redondela


O MES DE XUÑO VÉN REBOSANTE DE CONTACONTOS NAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA!
O 6 de xuño, martes, na Biblioteca de Redondela
 O 7 de xuño, mércores, na Biblioteca de Chapela
 
Ás 18:30 h.
Para nenos desde os 3 anos
Entrada libre e de balde

Ruth Galindo, granadina de nacemento, é Directora da Biblioteca de Híjar (As Gabias, Granada), irmanada con México e Costa Rica e galardoada en multitude de ocasións polo Ministerio de Cultura. Tamén é Xerente de" Los niñ@s de las Estrellas", unha Asociación Cultural na que non faltan animacións como: contacontos, cantacontos, monicreques, cantaxogos e unha infinidade de espectáculos para todos os públicos. Do seu traballo como animadora cultural naceron "Los cuentos de ITí", unha marioneta que conquistará o corazón dos pequenos da casa

No hay comentarios: