viernes, 12 de mayo de 2017

Entre contos... 2ª sesión con: "A ratiña curriña" e o alumnado do IES Chapela

Entre contos - As ratiñas curriñas
Premer na imaxe para ver as fotografías

Entre contos, despois da divertida xornada da pasada semana, este xoves gozamos dunha nova sesión de contos e xogos co alumnado do C.S. de Educación Infantil do IES Chapela.

A ratiña curriña, versión teatralizada da famosa ratiña que varre a súa casiña... (coñecédelo, non sí?) serviu como introdución para xogos de colorear, puzles de animais o a creación de figuras de ratos con cascas de noces.

Os cativos de Chapela e mais as bibliotecas estamos moi agradecidos a estes estudantes pola súa adicación e polas tardes tan divertidas que nos fan pasar tomando os contos e a narración oral como partida.

No hay comentarios: