viernes, 9 de junio de 2017

Ití visita as nosas bibliotecas e fai vibrar á rapazada cos seus contos e cancións

"Los cuentos de Ití" nas bibliotecas de Redondela
Préme na imaxe para ver as fotografías
Esta semana gozamos nas bibliotecas de Redondela de dúas contadas moi animadas e diferentes. A bibliotecaria e contadora Ruth Galindo, procedente de Híjar (Granada) e inmersa nun "tour biblioconteiro" moi viaxeiro, achegouse aos nosos centros de Redondela e mais de Chapela, para presentarnos á súa marioneta Ití e contar contos con ela. 

Ití é un personaxe que ven doutra galaxia, e que vai coñecendo cousas moi curiosas do noso planeta Terra, que incorpora nas súas historias. Os seus contos están cheos de personaxes tenros e curiosos, e todos eles se fan un óco na maleta de Ruth Galindo, para compartir con nenos e adultos as súas cousas.

Ití coñece a Leolo e mais a Gato. Conxeniaron moitísimo!
Pero foi Gloria Fuertes o personaxe que máis nos namorou a todos os presentes. Gloria, cos seus 100 anos ás costas saudou a nenos e adultos e animounos a falar da poesía e a recitar algún verso. Ela mesma nos recitou un dos seus máis coñecidos.

Gloria Fuertes recita unha das súas inmortais poesías acompañada de Ruth Galindo 
Ademáis, cantamos e bailamos divertidas cancións, nas que nenos e nenas, pais e nais, adultos de toda índole, e bibliotecarios de todas as contornas, lle collemos o ritmo para acompañar á máxica Ití.

Elena bailando con Ití

Mª José coñecendo a Ití
O libro Los cuentos de Ití está nas nosas bibliotecas, por se queredes consultalo.

Ruth Galindo, durante o contacontos en Redondela
Ruth Galindo durante o contacontos en Chapela


Publicar un comentario