lunes, 12 de junio de 2017

Unha hora de Ouro con Pituxa e a súa maxia nesta Feira do Libro de Redondela

Sábado, 6 da tarde, día de praia e con moitas actividades en Redondela e a súa contorna; un grupo de aguerridos amantes da lectura asistiron á presentación da novela Pituxa, a fantástica nena da caca de ouro na Feira do Libro de Redondela, respondendo á convocatoria da mesma e das Bibliotecas... e foi o mellor que puideron facer! 
Un momento da presentación da man de Francisco Castro
  Francisco Castro, director da editorial Galaxia, Marcos López Concepción, autor e Lidia Nokonoko, ilustradora, fixéronnos pasar unha hora divertida, entrañable e enriquecedora, é máis, SORPRENDENTE!

Moitas foron as cousas que descubrimos con Marcos López, empeñado en demostrarnos que o que parece máis irreal e imposible acompáñanos nos acontecementos máis cotiáns;  e tamén en que, dentro dun libro infantil-xuvenil como o de Pituxa, pódense encerrar moitas cousas que nos deixarán coa boca aberta, sobre todo cando podemos contar coa máxia do seu autor para desvelárnolas.
 
Os gañadores dos moi doces penicos
 Podedes acceder aquí a todas as fotos do evento:
Feira do Libro 2017: Presentación de "Pituxa, a nena da caca de ouro"
Premede na imaxe para acceder ás fotografías

Podedes ver unha pequena introdución neste vídeo:

Publicar un comentario