lunes, 31 de julio de 2017

A rapazada de Verán con Simona visita a Biblioteca de Chapela

Nestes días as bibliotecas municipais recibimos visitas dos rapaces e rapazas que gozan dos campamentos de verán da nosa vila. Desta vez a rapazada do campamento Verán con Simona do Multiúsos de Chapela recalaba na biblioteca municipal situada neste edificio.


Os cativos e cativas deste campamento gozaron coa narración de Contos Monstr-OSOS, onde os monstros e mais os osos tiveron moito protagonismo.

A nosa copañeira Mª José achegoulles historias arrepiantemente divertidas, que tiveron moi boa acollida neste público namorado dos contos.


Ao rematar, os participantes representaron a súa versión particular do marabilloso Grúfalo ilustrado polo xenial Axel Scheffler.

Grazas pola visita. Agradecemos aos rapaces e mais aos monitores contar coa biblioteca nas súas actividades de verán. Verémonos para o ano que vén!
Os cativos de Verán con Simona representaron a súa versión do famoso Grúfalo ilustrado por A. Scheffler

No hay comentarios: