jueves, 30 de noviembre de 2017

Exposición Centenario de Gloria Fuertes en Redondela


O Multiúsos da Xunqueira de Redondela acolle ata o próximo 10 de xaneiro de 2018 unha exposición bibliográfica  da poeta madrileña Gloria Fuertes, impulsada con motivo do centenario do seu nacemento (1917-1998).
 
A mostra  recolle unha variada representación de libros da autora e de obras adicadas á mesma,  con especial presenza das que se publicaron neste 2017 con motivo da devandita conmemoración.
 
Nórdica Libros, Blackie Books, Susaeta ediciones e  Reservoir Books son algunhas das editoriais representadas en esta mostra bibliográfica.
 
Queremos agradecer dun modo especial a Blackie Books e á editorial Susaeta a súa colaboración. 
 
Esta actividade complementarase cun contacontos para nenos que terá lugar o próximo 20 de decembro na Biblioteca P. M. Valle-Inclán de Redondela.
 
 Organizan: Bibliotecas Municipais de Redondela e Fundación Filomena Rivero Alonso

No hay comentarios: