jueves, 25 de enero de 2018

AVISO: A BIBLIOTECA DE CHAPELA RETRASARÁ A SÚA APERTURA ATA O MARTES 30


Por necesidades das obras que se están a realizar na sala, a biblioteca de Chapela retrasa a data prevista para a súa reapertura ata o martes 30 de xaneiro.

Nestes días estará dispoñible unha SALA DE LECTURA na sala de exposicións, onde poderán consultar a prensa.

Poderán facer as súas devolucións na conserxería do Multiúsos de Chapela.

Graciñas pola comprensión e desculpen as molestias.
Publicar un comentario