viernes, 16 de marzo de 2018

Traballando xuntos e aprendendo artes manuais coas bibliotecas... preparando a nosa obra para Arte Lixo

Obradoiro creativo con papel reciclado
Preme para ver as fotografías
A biblioteca de Chapela celebrou onte a súa primeira sesión do obradoiro creativo de papel reciclado.

Custaba un pouco ao principio, pero lógo xa lle fomos collendo o truco, e resultou xenial.

Nenos e adultos traballaron facendo "rolos" e "palotes" cos periódicos vellos da biblioteca. E deu tempo para participar na nosa obra e mais para facer algunha peza para cada un.


Coa peza que elaboremos, participaremos conxuntamente na edición deste ano de Arte Lixo, celebrando así o 50 aniversario das bibliotecas municipais de Redondela.

Querémoslles dar millóns de grazas a Gladys e mais a Carmen, da Asociación Cultural e Social de Chapela, e que foron as monitoras da actividade. Pero tamén, como non!, a todas e todos os participantes desta xornada.

Sodes encantadores!

Teremos dúas sesións máis do obradoiro, ás que aínda podedes asistir. Só vos tedes que apuntar na Biblioteca de Chapela:
  • Xoves 22 de marzo, de 17:00 a 18:30 h.
  • Xoves 5 de abril, de 17:00 a 18:30 h.

No hay comentarios: