viernes, 1 de junio de 2012

Carola, Tarsila e Gaspar. Un conto sobre os animais dos nosos mares con "Polo correo do vento"

 Hoxe nos visitaron en Chapela Mau e Pin, esto é, Enrique Mauricio e mais Carlos Taboada, escritor e debuxante respectivamente da coñecida serie Polo correo do vento. Se trata dunha serie de libros infantiles, publicada por Xerais, sobre carteiros-animáis que percorren toda a xeografía galega dándonos a coñecer moitas cousas sobre o os nosos ecosistemas e sobre o noso entorno.

Mau e Pin nos contaron unha das narracións que aparecen no seu libro Carola, a carteira centola: a historia de amor entre a nécora-danzarina Tarsila e Gaspar o boi de mar violinista, e como se tiveron que enfrontar ao rei-polbo para defenderen o seu amor.

 Mentres Mau nos describía o mar e os seus personaxes, Pin nos facía fermosos debuxos...
 













Ao rematar o conto, e coa axuda de Pin, nenos e maiores aprendimos a debuxar unha nécora como Tarsila. Como estamos na primavera, moitos quixemos que a nosa nécora tamén estivera namorada, e lle debuxamos un corazón.














Tamén coloreamos xuntos os debuxos que nos fixo Pin. Estes poderémolos expoñer na Sala Infantil da biblioteca. Moitas grazas!

 

A actividade, coa que pechamos as xornadas de propostas infantiles que tiveron lugar nestes meses, tivo lugar grazas á colaboración entre a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia e o Concello de Redondela, dentro do programa de difusión cultural Letras Vivas.

Grazas a todos e todas por participar... e ata a próxima!

No hay comentarios: