sábado, 19 de julio de 2014

Contacontos de verán na biblioteca de Chapela

Para celebrar as vacacións de verán, e para despedirnos dende a Biblioteca de Chapela ata Setembro, queremos ofrecer aos nosos amigos da biblioteca un contacontos.

Será o Mércores 30 de Xullo, ás 12:00 h.

O contacontos estará protagonizado por árbores e por bosques, e está indicado para rapaces a partir dos 3 ou 4 anos en diante.

A entrada é libre, sen precisarse inscrición previa, ata completar o aforamento; e o contacontos terá lugar na sala de adultos da biblioteca.

NOTA-1: Informamos aos nosos usuarios que durante a celebración do contacontos interrumpiremos o préstamo de libros, que reanudaremos ao rematar a actividade.

NOTA-2: Asimesmo, lembramos aos usuarios que os préstamos de libros e documentos que se fagan nesta semana quedarán prorrogados ata a primeira semana de Setembro, debido ao peche por vacacións da biblioteca durante o mes de Agosto. Por esa razón, ampliamos tamén o número de libros e documentos que poderá levar prestado cada usuario segundo as necesidades de cada un

Vémonos o mércores! 

No hay comentarios: