martes, 11 de noviembre de 2014

Proxección do documental Universo Blanco Amor no Multiusos de Chapela

Co gallo da celebración de esta XXXIII edición do Premio Blanco Amor de novela no Concello de Redondela, o noso concello está a levar a cabo actividades para salientar a obra de Eduardo Blanco Amor, senlleiro escritor das nosas letras. Hoxe mesmo deuse a coñecer ao gañador do premio deste ano, o periodista Fran P. Lorenzo.

O vindeiro luns 17, ás 20:00 h. no auditorio do Multiusos de Chapela as bibliotecas municipais e mais o Servizo de Normalización Linguïstica proxectaremos un documental sobre a figura do autor, co título "Universo Blanco Amor".

Dito documental é unha producción da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG).

A entrada é libre e gratuita.

Pola súa banda, e os clubs de lectura de Redondela estamos a ler a novela A Esmorga, que analisaremos na xuntanza deste mes.

No hay comentarios: