lunes, 10 de octubre de 2016

Club de lectura para a rapazada en Chapela


Na Biblioteca de Chapela temos aberta a inscrición para os rapaces e rapazas que esteades interesados en participar no club infantil de lectura. 

Se tedes entre 7 e 12 anos e vos gusta ler, podedes formar parte do noso grupo nesta tempada.

Xuntarémonos un mércores ao mes, en horario de 6:30 a 7:30 p.m. (para cada xuntanza, avisámosvos antes o día en que vai ter lugar).

Levaredes o libro para ler na casa, e na sesión do mes seguinte, teredes reunión no club para falar dese libro, e tamén para facer moitas actividades divertidas:

   Debates
     Xogos
       Obradoiros
         Maxia
          Teatro
            Concursos
              Xincanas
                 Excursións
                     .......

Este ano temos algunhas novidades, pois o club tamén fará algunha incursión nas redes sociais... Así probaremos a ser Booktubers para animar tamén a outros rapaces e rapazas a ler os libros.

Lembrade que os libros tamén son unha ferramenta para facer novas amizades e coñecer a outros rapaces/as da vosa idade.

Leo Leíño é a coordinadora do club, e con ela seguiredes a pasalo moi ben.


PRIMEIRA SESIÓN: 
Mércores 26 de Outubro, ás 18:30 h.
Publicar un comentario en la entrada