lunes, 21 de noviembre de 2016

"Al abrigo de los cuentos", contacontos para nenos


A Biblioteca Pública Municipal Valle-Inclán de Redondela  celebrará o venres, 2 de decembro, unha sesión de contacontos, para nenos de 3 a 8 anos,  a cargo da  actriz e contadora asturiana Olga Cuervo; será ás 18:30 h. na sala infantil da biblioteca, con entrada libre e gratuíta.
O espectáculo seleccionado para a ocasión recibe o nome de  Al  abrigo de los  cuentos e, co mesmo,  iníciase a tempada de nadal nas bibliotecas municipais de Redondela.
"O abrigo, é o protagonista desta historia. Olga Cuervo cóbrese con el. E del, sairán os obxectos necesarios para contar diferentes historias. Variados personaxes habitan nesta máxica vestimenta e só cobran vida cando nosa contacontos...
Un dinosauro triste porque ninguén lle fai caso, un rei que ten un segredo moi orixinal e unha familia cun brazo de cada cor serán algúns dos protagonistas dos relatos narrados pola actriz Olga Cuervo"


No hay comentarios: