lunes, 13 de marzo de 2017

Moitas grazas Emprega Xove!

  Durante varios meses, quince alumnos-traballadores do Obradoiro de Emprego "Redondela Emprega Xove II",  compartiron o noso día a día  no Multiúsos da Xunqueira. 
   Hoxe, levouse a cabo a clausura do devandito obradoiro e non queremos deixar pasar este momento de despedida  sen agradecerlles  profundamente o seu traballo, o mesmo que converteu o lugar onde transcurre o noso labor diario nun espazo máis fermoso e agradable no que, por tanto, seremos máis felices e desenvolveremos moito mellor os nosos quefaceres diarios . 
   En palabras de Chanuki Seresinhe "As persoas pasan moito tempo no traballo e o seu ambiente en definitiva aféctaos. Así que se unha vista agradable fai que as persoas sentan mellor, é moi probable que a vista e o escenario do seu ambiente de traballo teña un efecto similar”

Por iso, Luis, Soraya, Juan, Xoel, Iván, Alejandro, Alejandro C., Mikael   (Pintura e Construcción), Carla, Yomara, Adriana, Facundo, Mar, Ángel, Eloy (Deseño de Produtos Gráficos)  e por supuesto,  Mai, Ramón e José Luis, moitas grazas de parte de todos nós (Leolo incluído)


E, a todos os que leades esta entrada, pasade por aquí e gozade do traballo que realizaron

Publicar un comentario en la entrada