jueves, 5 de abril de 2018

Un conto con moito conto... nova sesión dos nosos contos inclusivos na biblioteca de Chapela



Dentro do noso programa de Contos Inclusivos no mes de abril, que vos ofrecemos desde as bibliotecas municipais, agárdanos a próxima cita da biblioteca de Chapela:


O 23 de abril, Día Internacional do Libro, terá lugar na  Biblioteca de Chapela o contacontos, para nen@s desde os 4 anos, "UN CONTO CON MOITO CONTO" (Baseado no texto "O agasallo perdido do pai Nadal" de Marc Donat.

Será ás 18:30 h., na biblioteca de Chapela, con entrada libre e de balde.

As contadoras desta sesión, ContAZ, xa visitaron a Biblioteca de Redondela o pasado 2 de Abril, con moito éxito entre cativos e grandes.


ContAZ cos nosos compañeiros da biblioteca de Redondela, Cote e mais Elena, 
o Día do Libro Infantil

Animádesvos a vir?


No hay comentarios: